Andaina do Fato Cultural Galego Daniel Castelao
AS ORIXES
Sendo aínda diácono, no ano 1975 chegara destiñado á parroquia da Nosa Señora da Asunzón de Pasaia don Xosé Novoa Prol, nado no ano 1951 en Almoite, concello de Baños de Molgas, Ourense. Chega a terra basca cos seus pais aos 7 anos e fora recalar a Eibar, xa que logo nesta muga entre Bizkaia e Gipuzkoa viñeran a encontrar traballo moitos ourensáns da bisbarra de Allariz-Maceda. A ninguén se lle pode escapar o axeitado destiño a unha parróquia con forte pegada galega, na que estaba destiñado primeiro como coaxutor de San Pedro Apóstolo con destiño na Asunzón don José María Zapirain Santos, e xa como párroco dende o ano 1971 no que se fixera a “erección a parroquia” da mesma. (más…) »