Os Exilios dun Mariñeiro de Carril

2021, 4 de Diciembre

ficheiro-de-calvo-cerqueiras-jose-aheeah-secc-delegaciones-subsecc-perpignan-y-oloron-ser-ficheros-gurs-l-fichero

Sergio Balchada Outeiral

José Calvo Cerqueiras é nado en Carril (Pontevedra) á beira da ría de Arousa. Mais, unha parte importante da súa vida transcorre en Euzkadi. E en concreto en Altza, onde chega para exercer a súa profesión de fogueiro nos bacalleiros da PYSBE (Pesquerías y Secaderos de Bacalao Españoles).

De feito en Pasaia entra en contacto có sindicato cenetista El Avance Marino no que ingresa como o afiliado 591, probablemente no ano 1934 (CDMH_PS_SAN_O_C0141_EXP0005_0035).

Comezada a guerra José Calvo consta na Fronte Popular de Altza en servizo de garda (CDMH. PS Bilbao. Caja 67 Nº 19), alomenos en agosto de 1936. Descoñecemos onde leva a cabo estes servizos, e se ademais, intégrase nalgunha das columnas de milicianos frontepopulistas que saen a enfrontarse ás forzas de requetés navarros que tratan de invadir Gipuzkoa.

Porto de Carril cara 1925 (www.revistaesmas.com)

Porto de Carril cara 1925 (www.revistaesmas.com)

Do que si temos certeza é que consegue evacuar a Bizkaia, e no Cuartel de Milicias Antifascistas do colexio de Enxeñeiros de La Casilla enrólase, xunto a outros paisanos galegos, coma miliciano na 2ª Compañía do Batallón Nº 21 CNT Nº 1 Bakunin (AHE/EAH. Secc. Ejército Vasco, Ser. Nóminas, Caja 25 Expte 2).

Entre outubro de 1936 e abril de 1937 o Bakunin fica acuartelado no reformatorio de Amurrio (Araba). O 4 de decembro José Calvo Cerqueiras vai participar na toma do monte San Pedro (Amurrio) anque ás poucas horas van perder o seu control en favor dos requetés arabarras.

Xa en abril consegue sair indemne dos duros bombardeoscós que a aviación fascista castiga aos sofridos milicianos anarquistas en Barazar. O día 12 mes seguinte acode ao cumio do Sollube (Bermeo), inferno de metralla, feito do que nos da conta Manuel Chiapuso:

Estuvimos en la misma cumbre dos días y medio. Era un verdadero infierno. Lo mismo de día que de noche. Veíamos los barcos de guerra en frente lanzando aquellas rompedoras. La aviación nos machacó. Los golpes de mano que protagonizaban los moros de noche era terrible. Éstos llegaron, en alguna ocasión, a rebasar nuestras posiciones. La prueba es que un batallón asturiano que estaba en segunda línea los iba recogiendo (Chiapuso-Jiménez Aberasturi, 2009).

José Calvo e os seus camaradas chegan a rexeitar nunha mesma xornada ata tres ataques de forzas da V Brigada de Navarra. Na xornada do día 14 temendo ser copados polo inimigo vense na obriga de retirarse apresuradamente entre os disparos, que dende o cume, efectúan a pracer os seus novos ocupantes.

Antes da perda de Bilbo José Calvo aínda combate en Maruri e posiciónase no coñecido coma Cinturón de Ferro no sector de Urduliz. Sabedores do rompemento da fortificación pola parte de Larrabetzu o día 12 de xuño de 1937, o batallón vese na obriga de retirarse dous días máis tarde.

Ao seu paso por Muskiz, xa na raia con Cantabria, o Bakunin entretense coa queima da igrexa de San Xoan e segundo algunhas fontes tamén son os causantes do incendio da casa do concello e da casa Merino-Saralegui (Uribe-Tabernilla, 2007). A situación chega ata o extremo de que Serafín Valle Berakoetxea, capitán da Sección de Metralladoras do batallón nacionalista Araba, sitúe as súas máquinas en posición vantaxosa e inste os mandos do Bakunin a que controlen os desmáns dos seus homes ou se ateñan ás consecuencias (Azkue, 2007).

Logo de protagonizar algún combate na zona de Covarón e Ontón e verse superado polas forzas fascistas durante a batalla de Santander (14/08-17/09/1937); o Bakunin depón as súas armas en Santoña xunto a meirande parte dos batallóns do Exército de Euzkadi. Nembargantes supoñemos que José Calvo Cerqueiras consegue eludir a sorte dos seus compañeiros e chegar ata Asturias. O seu periplo non vai rematar aquí. É quen de abandoar esta terra tralo derrubo da fronte en outibro do 37. Segundo desprendese da documentación consultada consta coma tenente en Cataluña, aínda que descoñecemos en que unidade serve (AHE/EAH. Secc. Delegaciones, subsecc. Perpignan y Oloron, ser. Ficheros (Gurs), L. Fichero).

Perdida a guerra aínda vai ter un longo camiño por percorrer. Exíliase en Franza onde primeiro recala no campo de Saint Cyprien. As condicións de vida para os “refuxiados” son calamitosas nunha praia dividida en 16 recintos cercados (o noso protagonista está no número 14) e tendo que durmir á intemperie, e como colchón a mesma area (Solá, 2015). Os alugueiros van ter que soportar as humillacións das tropas coloniais senegaleses que os gardan. Máis adiante construiránse uns barracóns para acoller aos republicanos.

De todolos xeitos José Calvo vaise a trasladar de Saint Cyprien ao campo de Gurs grazas ás xestións do Goberno de Euzkadi que trata de concentrar neste campo a todolos combatentes do seu Exército. Trátase dun rectángulo de 2 quilómetros de longo por 400 metros de largo. O campo chega albergar un total de 13 subcampos, nomeados con letras, do A ao M. Dentro dos mesmos constrúense unha media de 30 barracóns en cada illote coa idea de acoller a 1.800 refuxiados.

Cada un destes illotes está separado dos demais por aramados. De feito está terminantemente prohibido circular polos illotes. Cada refuxiado debe permañecer nos límites do illote que lle é asignado. En cada un dos illotes érguense letrinas, lavabos, cociñas e unha enfermería. Evidentemente de uso comunal. As condicións de vida no campo son deplorables. A todas luces os elementos para a hixiene dos alugueiros son insuficientes. A comida insuficiente e de escaso aporte vitamínico. Coas primeiras choivas o campo transfórmase nunha xigantesca lameira pola que non é doado desprazarse. O trato dos gardas deixa moito que desexar. En resumo, os refuxiados síntense coma verdadeiros prisioneiros.

José Calvo Cerqueiras é destiñado ao Illote C, barracón nº 11 (AHE/EAH. Secc. Delegaciones, subsecc. Perpignan y Oloron, ser. Ficheros (Gurs), L. Fichero). Esta é a derradeira pista que temos do noso protagonista. Qué foi del logo do seu paso polos campos de Franza é polo de agora descoñecido para nos. Se regresou a Altza ou á Galiza. Ou pola contra os seus días remataron naquel burato.

FONTES:

  • Archivo Histórico de Euskadi/Euskadiko Artxibo Historikoa (AHE/EAH).
  • Centro Documental de la Memoria Histórica (CDMH).

BIBLIOGRAFÍA:

  • Azkue, Koldo. Irrintzi, Grito de Guerra. Desde Abril de 1937 Hasta 1945. Bilbao, 2007.
  • Chiapuso, Manuel; Jiménez de Aberasturi, Luis Mª. Los Anarquistas y la Guerra en Euskadi. San Sebastián, 2009.
  • Chueca, Josu. Gurs. El Campo Vasco. Tafalla, 2007.
  • Orejas Pérez, José Ignacio. Breve Historia del Sindicato de la Pesca de CNT “Avance Marino” de Trincherpe - Pasajes de San Pedro (Guipúzcoa). Periódico CNT, nºs 184 y 185, 1995.
  • Uribe, Eduardo; Tabernilla, Guillermo (coord. y adaptación). Un Miliciano de la UGT. Bilbao, 2007.
  • Solá Solé, Pere. Arena para dormir, Estrellas por lecho y viento por abrigo en Saint-Cyprien Plage, Boletín. Instituto de Estudios Giennenses Enero-Junio 2015 - Nº 211.

Etiquetas: ,

Dejar un comentario

Estibaus

Categorías

Noviembre 2024
L M X J V S D
« Oct    
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

RSS

Últimos comentarios

  • Elena Arrieta Yarza
    (2024, 20 de Noviembre)
    «Además de una lectura agradable que nos acerca a la figura del Dr. Casares, puntualiza los datos ...»
  • MARISA AMESTOY
    (2024, 8 de Noviembre)
    «NO ME ACLARAS NADA NI TE POSICIONAS SOBRE NUESTRO EDIFICIO, SIGO DICIENDO LO MISMO. LAS ASOCIACIONES ESTÁIS EN EL NO ...»
  • Elena Arrieta Yarza
    (2024, 3 de Noviembre)
    «Escribo desde Herrera y aunque es verdad que cuando nos ponemos a hablar de Auditz Akular, nos puede desde hace ...»
  • MARISA AMESTOY
    (2024, 2 de Noviembre)
    «AQUÍ SE HABLA DE AUDITZ AKULAR YNUNCA SE MENCIONA EL PROBLEMA DE ROTETA AZPIKOA Y LA DEJADEZ DEL AYUNTAMIENTO DE ...»
  • Olaia H
    (2024, 25 de Octubre)
    «Belardiak beharrezkoak dira. Gainera zaindu behar dira eta zuhaitz gehiago landatu behar dira eta ez dorre gehiago. Udalak Altza ez ...»

etiquetas


En la red