A fuxida do Arkale

2019, 19 de Febrero

cdmh_ps_gijon_f_c069_exp013_001

Sergio Balchada Outeiral

Actividade febril no local do Sindicato de la Industria Pesquera de Cariño, vencellado á CNT. Xa pasan tres días dende que o golpe de estado contra a República ten acontecido. Fóra agardan catro camións cara os que desfilan unha grea de milicianos escasamente armados. Os camións parten con douscentos esquerdistas capitaneados polo dirixente cenetista José Suarez. Van camiño de Santa Marta de Ortigueira (Velasco, 2006).

Unha vez na vila reúnense có tenente da Garda Civil Máximo Lobo, comandante do posto local. Queren saber de que lado está o militar e cales son as súas intencións para atallar as posibles accións dos dereitistas da bisbarra. Segundo se desprende dos acontecementos o tenente debeu persuadir aos sindicalistas da súa lealdade ao goberno establecido. Quizais fose certo e foi a deriva dos sucesos en Ferrol e A Coruña convenceron a Lobo de virar as lealdades.

Posiblemente baixo unha atmósfera tensa, o día anterior dous ataques con lume tiveron lugar contra as vivendas dos industriais Jesús Díaz e Teodoro Fanego contra os que o sindicato ven mantendo unha enconada loita en prol dos dereitos laborais dos seus afiliados.

As novas que se se están a recibir doutras partes da Galiza resultan farto desalentadoras. Compre salvar o pelello canto antes. No porto de Cariño fica amarrado un boniteiro vasco. De Pasaia (Gipuzkoa).

O día 23 de xullo pola noite zarpa do porto de Cariño o boniteiro Arkale. No seu interior 38 homes, cadros relevantes do SIP (Sindicato de Industria Pesquera adherido á CNT) de Cariño, cenetistas da bisbarra e socialistas de O Ferrol. Os irmáns José, Manuel e Vicente Pita Armada, este último secretario do sindicato de pescadores; José Suárez Hermida, secretario da Federación Coruñesa do PSOE xunto co seu paisano e compañeiro de partido o mestre Marcial Fernández que tamén era corresponsal de La Voz de Galicia; ou tamén o líder da CNT de Viveiro Manuel Rodríguez O Roxo de Viveiro (Pereira-Velasco, 2006).

O navío arriba a Saint-Nazaire (Loire-Atlantique, Francia) 36 horas despois de partir. Tanto as autoridades como a poboación acóllenos cos brazos abertos. Un sindicato local ocúpase da manutención dos fuxitivos e coordina a recepción do cargamento de colchóns que Socorro Rojo Internacional remite en axuda dos galegos.

En agradecemento ás atencións dispensadas e nun bonito xesto de solidariedade ofrecen os 2.500 kgs de bonito que gardan nas adegas a un hospicio e aos traballadores do estaleiro que levan en folga desde finais de xuño (Pereira, 2010).

O 1 de agosto conseguen pasar a territorio leal por Hendaia aínda que algúns quedan para tramitar os permisos pertinentes que lles autoricen desamarrar o Arkale. O boniteiro finalmente atraca en Pasaia o 12/08/1936 (Pereira, 2010). Deseguida os fuxidos únense ás milicias que se están a formar en Altza e Pasaia onde é notoria a presenza galega.

Algúns dos seus tripulantes desprázanse a Asturias para engrosar as ringleiras do coñecido Batallón Nº 19 Galicia coma podemos comprobar no salvoconduto expedido polo sindicato da CNT local El Avance Marino é o caso do sindicalista viveirense Manuel Rodríguez O Roxo. Ou o compostelán Manuel Ramos Escariz quen chega a exercer coma Comisario Político do citado batallón (https://aureliogutierrez.blogspot.com). Manuel Ramos remata a loita a finais de outubro de 1937 no Acebo executado polos falanxistas da bisbarra (Suceso do que nos fixemos eco noutro artigo: “La zamarra del comandante moreno“).

Outros fican, coma xa dixemos, en Gipuzkoa integrados nas diferentes milicias que operan na zona. Deste xeito o 15 de agosto atopamos coma xefe de centuria ao socialista ferrolán José Suárez Hermida nos combates habidos no monte Erlaitz e no monte San Marcial, este último durante a batalla de Irún (25/08-05/09/1936).

Coa caída de Gipuzkoa nas mans das columnas de requetés navarros, a frota pasaitarra evacúase a Bilbao. O Arkale pasa a depender da Marina Auxiliar de Euzkadi desempeñando a labouras de práctico do porto ata o abandono da capital viscaíña ante o avance dos sublevados.

Fontes

Arquivo

  • Centro Documental de la Memoria Histórica (CDMH)

Bibliografía

  • Cocho, Federico. Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España. Vigo, 2011.
  • Pereira, Dionisio. Loita de Clases e Represión Franquista no Mar (1864-1939). Vigo, 2010.
  • Pereira, Dionisio; Fernández, Eliseo. O Movemento Libertario en Galiza. (1936-1976). Vigo, 2006.
  • Velasco Souto, Carlos F. 1936. Represión e Alzamento Militar en Galiza. Vigo, 2006.

WEB

cdmh_ps_gijon_f_c069_exp013_002

Dejar un comentario

Estibaus

Categorías

Diciembre 2024
L M X J V S D
« Nov    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

RSS

Últimos comentarios

  • Carmen Perez
    (2024, 29 de Noviembre)
    «ZORIONAK POR LOS 50 AÑOS DE ASOCIACIONISMO »
  • Carmen Perez
    (2024, 29 de Noviembre)
    «ZORIONAK POR LOS 50 AÑOS »
  • Elena Arrieta Yarza
    (2024, 20 de Noviembre)
    «Además de una lectura agradable que nos acerca a la figura del Dr. Casares, puntualiza los datos ...»
  • MARISA AMESTOY
    (2024, 8 de Noviembre)
    «NO ME ACLARAS NADA NI TE POSICIONAS SOBRE NUESTRO EDIFICIO, SIGO DICIENDO LO MISMO. LAS ASOCIACIONES ESTÁIS EN EL NO ...»
  • Elena Arrieta Yarza
    (2024, 3 de Noviembre)
    «Escribo desde Herrera y aunque es verdad que cuando nos ponemos a hablar de Auditz Akular, nos puede desde hace ...»

etiquetas


En la red