As Procesions na parroquia de San Pedro Apóstolo (II)
Filipe Domínguez Avilés
A “Semana Santa” como non, tamén contaba coas súas procesións. A quinta e a sesta-feiras e o domingo de resurreuzón. Voume pousar un pouco mais amodiño no Xoves e Venres Santo, xa que logo, non teño espallado nada do que vira recollendo en ningures.
XOVES SANTO
Tendo en conta cas misas fascíanse pol-a mañán, cando daba rematada a última espúñase o Santísimo, e os membros do apóstolado da orazón turnabanse para que nunca quedara soio. Xa á tarde a funzón compoñíase de maitines, sermón e a procisón. Esta abriaa a cruz cos seus dous ciriais, portados por acólitos ( monaguillos) con sotaina roxa e roquete branco. De seguido as imaxes mais ou menos deste xeito: Xesús Nazareno, orazón no horto, San Xoán Evanxelista, a Madalena e a Doorosa. Agás esta última que era a do altar o resto estaban arrombadas no coro. Logo viña o sacerdote con capa pluvial morada e o povo. (más…) »