Xosé Estévez
Para o vindeiro ano 2016 a Real Academia Galega elixiu a Manuel María para dedicarlle o Día das letras Galegas. Este extraordinario escritor, admirador de Euskal Herria, colaborador desinteresado do Fato Daniel Castelao e sincero amigo meu ben merece esta crónica, moi curta para os seus méritos.
Manuel María Fernández Teixeiro naceu o 6 de outubro de 1929 na Casa de Hortas, en Outeiro de Rei, da Terra Chá, no seo dunha familia labrega acomodada, con criados prós labores do campo.
A TERRA CHÁ é unha longa chaira, unha paisaxe de celmosas e agarimantes ondulacións, tutelada por castros como o de Viladonga e vixiada polo rexo batallón da Serra do Xistral e dous sentinelas esculcantes, sempre á espreita, as Penas de Rodas. Unha antiga lagoa cubría, ó parecer, toda a meseta e fican como mostra algunhas lagoas como a de Cospeito ou misteriosa e arrepiante do Ollo. As augas do pai Miño caudal súcana amorosamente e alédana cursos máis pequenos como o Ladra ou o diminuto regato do Cepelo, tan querido prá Manuel María. Berce de egrexios poetas como Crecente Vega, Iglesia Alvariño, Díaz Castro, Noriega Varela, Fernán Vello, Darío Xohan Cabana, Rábade Paredes e outros. (más…) »