A igrexa de San Pedro na nebra do tempo. A vella

2024, 23 de Enero

c4026

Filipe Dominghez

Sobor da igrexa de San Pedro Apóstolo de Pasaia, os primeiros documentos ou pol-o menos dos que eu teño semellas, son os que amosa José Goñi Gaztambide no seu traballo “Fundación de la iglesia de San Pedro de Pasajes (1457-1458)”. Unha pequena e interesante pubricazón, no que glosa cinco documentos que van achegados. A saber:

1.- Carta de poder da clerecía de San Sebastián. 20 de narzo 1458.

2.- Carta de poder dos viciños de Pasaia. 31 de marzo 1457.

3.- Licencia eclesiástica para a costruzón da nova eirexa co seu cemitério e altares. 15 outubro 1457.

4.- Convenio entre a clerecía de Sn. Sn, e os viciños de Pasaia. 20 marzo do 1458.

5.- Autentificazón da copia en Tolosa…23 de xaneiro do 1530.

De feito cas primeiras testemuñas sobor da eirexa sanpedrotarra señan do século XV, acho que fora a causa de que no seu día alguén dera en dicir que non eran románicas (millor dito, unha de elas románica e outra en transisón ou gótica xá) as portas do aitual cemitério, o mesmo José Goñi penso que desenguedella a enleada nos documentos que amosa cando dí: “El permiso para su fundación…, con fecha 15 de octubre de 1457. Cinco meses, o mejor dicho, dos meses y medio más tarde (si la carta en poder de los vecinos de Pasajes está realmente fechada por el estilo de la Navidad como suena la fórmula de su data) la iglesia estaba terminada”

Dito doutro xeito, poderíase facer daquela en tan curto tempo un edificio desas caraiterísticas?. Neste eido xa non sóo as portas, senon os muros que se poideran conservar do vello tempro serían de interese.

Fora como fose, quedárame o aquel de que inda podendo ser ou estar feito o edificio denantes, as portadas fosen posteriores. Así as cousas, un día viñera en atopar ao Manoel Irixoa cun compañeiro da escola que acababan de sair do xantar que adoitan facer anualmente no clube de Remo Sanpedrotarra, na volta da Txana a carón da igrexa. Sabendome un afeizoado a todas estas cousas presentoumo. Non direi o nome, mais recoñecido debuxante que tomara como oficio a arquiteitura, tiña adicada a súa laboura profesional sobre todo á restaurazón de edificios relixiosos.

Logo desto dixenlle se tiña tempo para irmos botar unha ollada ás que se teñen pol-os restos arquiteitónicos máis antergos do concello. E alá fóramo-los tres, e mira tí, segundo a súa opiñón eran góticas, e a que pensamos a máis vella é a máis nova, e a máis nova do reves.

Daquela pois pedinlle que, se tiñamos sorte e atopábamos a parroquia aberta, poidera botar unha ollada ao baptisterio. Segundo baixáramos, a conversa xirou sobor da incomprensón que ía ter, entre outras cousas , por ter esta teima…

Chegados ao noso tempro leveino direitamente ao que para min é unha pequena alfaia, gardada nun curruncho da igrexa baixo as escaleiras que ruben ao coro; alí, atópase o lugar para recibi-las augas do batismo. Tantas veces que pasara e ollara para el, e un día o lusco fusco das luces da vidreira que alumea o lugar descubreume nunha das laxes do chan o risco que debuxaba unha tesoura, e que a min de seguido trouxérame ao meu maxín aquelas laudas gremiais que adoitaba ir ver a Noia nos veráns. Agora menos, dinde que se deu argallada Santa María a Nova para visita-las laudas; cousa que é boa pois pon en valor e conserva o patrimonio que alí se atopa, pero sempre penso a sorte que tiven de poder desfroitar a enxebreza dun cemitério, no que a meirande parte das veces atopábame soio gozando do património alí amoreado. Dende logo un verdadeiro tesouro entre outros moitos que ten Noia, que chegou ata nós.

Vaites, ao choio, alá estábamos os tres, e nada máis chegar decateime de que a este foránselle-los ollos ao recipiente para recibi-lo bateo; inda así, eu andaba ao meu falándolle de aquel anaco de tampa no chan. Pero a este o que lle enchía o ollo era a pía baptismal. Así e pois parou de olla-la, e díxome que opinaba coma mín, que aquello debera ser unha lauda gremial, e que a tesoura podería ser dun afaiate ou estando nun porto dun amañador de velas,… E de seguido púxoseme a falar da batiza, que desde que déramos chegado cativarao. E veume dicir na conversa que mantíñamos en castelán, que un dos elementos que se adoitaban trasladar sempre dunha parroquia vella á nova era a pía baptismal, e que como me dixera enriba, o que me dicía habíao que tomar con tento, que igual que para el as portadas do cemitério non eran románicas a pía para recibi-las augas no baptismo era prerománica. Vaia home, pensei, unha de tortas e outra de direitas.

E viñémonos despedir fora gardando para mín o meu imaxinario de como deveu ser a contorna da badía naquel tempo.

Xa sabemos que a catalogazón e protezón patrimonial moitas veces non vae de nada. En San Pedro non hai que ir moi lonxe para ve-lo, tendela casa da Clara ou, se non lembro mal a que eles deron en chamar casa Allo. Pero mágoa que testemuñas do noso pasado pasen inadvertidas e non se avalien de xeito. Que non se lles faga un estudo e protexan. Pero xa sabemos que esto entre outras cousas e por mor da incompetencia e o desleixo. Da incomprensón.

Etiquetas: ,

Dejar un comentario

Estibaus

Categorías

Noviembre 2024
L M X J V S D
« Oct    
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

RSS

Últimos comentarios

  • Elena Arrieta Yarza
    (2024, 20 de Noviembre)
    «Además de una lectura agradable que nos acerca a la figura del Dr. Casares, puntualiza los datos ...»
  • MARISA AMESTOY
    (2024, 8 de Noviembre)
    «NO ME ACLARAS NADA NI TE POSICIONAS SOBRE NUESTRO EDIFICIO, SIGO DICIENDO LO MISMO. LAS ASOCIACIONES ESTÁIS EN EL NO ...»
  • Elena Arrieta Yarza
    (2024, 3 de Noviembre)
    «Escribo desde Herrera y aunque es verdad que cuando nos ponemos a hablar de Auditz Akular, nos puede desde hace ...»
  • MARISA AMESTOY
    (2024, 2 de Noviembre)
    «AQUÍ SE HABLA DE AUDITZ AKULAR YNUNCA SE MENCIONA EL PROBLEMA DE ROTETA AZPIKOA Y LA DEJADEZ DEL AYUNTAMIENTO DE ...»
  • Olaia H
    (2024, 25 de Octubre)
    «Belardiak beharrezkoak dira. Gainera zaindu behar dira eta zuhaitz gehiago landatu behar dira eta ez dorre gehiago. Udalak Altza ez ...»

etiquetas


En la red