Os Gudaris de Ribadavia

2018, 5 de Abril

Parque dos Xardinillos (Santi Miguez Amil (la voz de Galicia)

Parque dos Xardinillos

Luis Gulín Iglesias

Ribadavia é a capital da comarca ourensá do Ribeiro e un dos seus puntos de recreo é un parque chamado Os Xardinillos que está a escasos metros da zona monumental do Convento de Santo Domingo.

A idea dos Xardinillos en Ribadavia xurdiu na primavera de 1930 cando se eliminou o Salón Teatro, que proxectaba películas e ocupaba un gran espazo diante do Castelo medieval dos Sarmiento. Jesús Sánchez, o propietario do antigo espectáculo, presentou un proxecto de zona verde e recreativa que abarcaba a zona ao redor do Castelo pero non prosperou. A idea retomouseao finalizar a Guerra Civil pero na súa localización actual, sendo construídos os Xardinillos no ano 1940 por Gudarís, soldados vascos prisioneiros da guerra civil, acomodados daquela nunha escola da Fundación Martínez Vázquez (hoxe Museo Etnolóxico de Ribadavia).

Todas esas obras foron realizadas baixo a supervisión do mencionado Jesús Sánchez, avogado de profesión. Eran ao redor de corenta homes que participaron na construción e plantación das distintas árbores que aínda existen hoxe en día. Os Gudaris eran integrantes dos Batallóns de Traballadores da ditadura franquista que foron utilizados como man de obra para a reconstrución de infraestruturas. No ano 1939 iniciouse o sistema de redención de penas, mediante o cal se descontaban días de condena por días de traballo, sistema en vigor ata  o ano 1943 cando alcanzou o seu esplendor a explotación de man de obra de prisioneiros vascos. Desta situación beneficiáronse as deputacións, os concellos, a Igrexa católica, as empresas e mesmo os particulares. Por iso sería de xustiza en pór neste parque ribadaviense á beira do monólito, conmemorativo da Constitución de 1978, algunha placa recordatoria deses gudaris.

*Luis Gulín Iglesias, DEA (Diploma de Estudos Avanzados) en Historia Contemporánea po la Universidade de Vigo. Foto jardinillos: Santi Miguez Amil - La Voz de Galicia.

Etiquetas: ,

Dejar un comentario

Estibaus

Categorías

Agosto 2026
L M X J V S D
« Jul    
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

RSS

Últimos comentarios

  • Ezkurra
    (2026, 10 de Julio)
    «Kaixo. Artzak Ortzeokek, nire ustez, beste esanahi bat du, Elkartearen izaerarekin zer ikusi duena: “Hartu ezazu, hor dago”, hikaz esanda. »
  • Iñaki
    (2026, 11 de Junio)
    «Allí pasé algunas unas cuantas tardes dándole al euskera. »
  • Iñigo
    (2026, 26 de Mayo)
    «De tiempos actuales no tenemos ninguna información. Históricamente, el convento de San Bartolomé solo fue propietario del molino de Molinao, ...»
  • Marisa Amestoy
    (2026, 26 de Mayo)
    «Me gustaría saber que caserio perteneció a San Bartolomé, intuyo que igual es el Arrieta en Lau atzera, yo tenía ...»
  • Luma
    (2026, 26 de Mayo)
    «Oso interesgarria. Eskerrik asko. »

etiquetas


En la red