Nombre de la Etiqueta: galego

Andaina do Fato Cultural Galego Daniel Castelao

2016, 21 de Junio

primeiro-auto

Filipe Domínguez Avilés

AS ORIXES

Sendo aínda diácono, no ano 1975 chegara destiñado á parroquia da Nosa Señora da Asunzón de Pasaia don Xosé Novoa Prol, nado no ano 1951 en Almoite, concello de Baños de Molgas, Ourense. Chega a terra basca cos seus pais aos 7 anos e fora recalar a Eibar, xa que logo nesta muga entre Bizkaia e Gipuzkoa viñeran a encontrar traballo moitos ourensáns da bisbarra de Allariz-Maceda. A ninguén se lle pode escapar o axeitado destiño a unha parróquia con forte pegada galega, na que estaba destiñado primeiro como coaxutor de San Pedro Apóstolo con destiño na Asunzón don José María Zapirain Santos, e xa como párroco dende o ano 1971 no que se fixera a “erección a parroquia” da mesma.   (más…)  »  

Manuel María: Poeta Nacional de Galiza

2015, 19 de Noviembre

foto-6

Xosé Estévez

Para o vindeiro ano 2016 a Real Academia Galega elixiu a Manuel María para dedicarlle o Día das letras Galegas. Este extraordinario escritor, admirador de Euskal Herria, colaborador desinteresado do Fato Daniel Castelao e sincero amigo meu ben merece esta crónica, moi curta para os seus méritos.

Manuel María Fernández Teixeiro naceu o 6 de outubro de 1929 na Casa de Hortas, en Outeiro de Rei, da Terra Chá, no seo dunha familia labrega acomodada, con criados prós labores do campo.

A TERRA CHÁ é unha longa chaira, unha paisaxe de celmosas e agarimantes ondulacións, tutelada por castros como o de Viladonga e vixiada polo rexo batallón da Serra do Xistral e dous sentinelas esculcantes, sempre  á espreita, as Penas de Rodas. Unha antiga lagoa cubría, ó parecer, toda a meseta e fican como mostra algunhas lagoas como a de Cospeito ou misteriosa e arrepiante do Ollo. As augas do pai Miño caudal súcana amorosamente e alédana cursos máis pequenos como o Ladra ou o diminuto regato do Cepelo, tan querido prá Manuel María. Berce de egrexios poetas como Crecente Vega, Iglesia Alvariño, Díaz Castro, Noriega Varela, Fernán Vello, Darío Xohan Cabana, Rábade Paredes e outros.   (más…)  »  

Estibaus

Categorías

Junio 2025
L M X J V S D
« May    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

RSS

Últimos comentarios

  • Claudia Longarela Colombo Berra Brea
    (2025, 14 de Junio)
    «Quise decir Lima Pcia. De Buenos Aires. »
  • Claudia Longarela Colombo Berra Brea
    (2025, 14 de Junio)
    «Hola! Mis bisabuelo materno se llamó Angel Berra vino de Milán. Se radicó en Lluma partido de Zárate. Pcia de Buenos ...»
  • Iñaki
    (2025, 3 de Mayo)
    «Sorprendente documento e impresionante trabajo. Zorionak eta aurrera!!! »
  • Mariano Pérez de la Cruz
    (2025, 1 de Mayo)
    «En mi etapa en PEBSA de la Coruña, coincidí con Paco Lasa y he de afirmar que su pragmátismo y ...»
  • Ricardo Maritxalar
    (2025, 27 de Abril)
    «En el caserio Mirabarkera (para nosotros Miramarca) nació mi padre Ricardo Maritxalar Leiñena (1918-1973). Hijo de Jose Melchor Marichalar Larrañaga, ...»

etiquetas


En la red