Etiketaren izena: galego

Andaina do Fato Cultural Galego Daniel Castelao

2016, Ekainak 21

primeiro-auto

Filipe Domínguez Avilés

AS ORIXES

Sendo aínda diácono, no ano 1975 chegara destiñado á parroquia da Nosa Señora da Asunzón de Pasaia don Xosé Novoa Prol, nado no ano 1951 en Almoite, concello de Baños de Molgas, Ourense. Chega a terra basca cos seus pais aos 7 anos e fora recalar a Eibar, xa que logo nesta muga entre Bizkaia e Gipuzkoa viñeran a encontrar traballo moitos ourensáns da bisbarra de Allariz-Maceda. A ninguén se lle pode escapar o axeitado destiño a unha parróquia con forte pegada galega, na que estaba destiñado primeiro como coaxutor de San Pedro Apóstolo con destiño na Asunzón don José María Zapirain Santos, e xa como párroco dende o ano 1971 no que se fixera a “erección a parroquia” da mesma.   (gehiago…)  »  

Manuel María: Poeta Nacional de Galiza

2015, Azaroak 19

foto-6

Xosé Estévez

Para o vindeiro ano 2016 a Real Academia Galega elixiu a Manuel María para dedicarlle o Día das letras Galegas. Este extraordinario escritor, admirador de Euskal Herria, colaborador desinteresado do Fato Daniel Castelao e sincero amigo meu ben merece esta crónica, moi curta para os seus méritos.

Manuel María Fernández Teixeiro naceu o 6 de outubro de 1929 na Casa de Hortas, en Outeiro de Rei, da Terra Chá, no seo dunha familia labrega acomodada, con criados prós labores do campo.

A TERRA CHÁ é unha longa chaira, unha paisaxe de celmosas e agarimantes ondulacións, tutelada por castros como o de Viladonga e vixiada polo rexo batallón da Serra do Xistral e dous sentinelas esculcantes, sempre  á espreita, as Penas de Rodas. Unha antiga lagoa cubría, ó parecer, toda a meseta e fican como mostra algunhas lagoas como a de Cospeito ou misteriosa e arrepiante do Ollo. As augas do pai Miño caudal súcana amorosamente e alédana cursos máis pequenos como o Ladra ou o diminuto regato do Cepelo, tan querido prá Manuel María. Berce de egrexios poetas como Crecente Vega, Iglesia Alvariño, Díaz Castro, Noriega Varela, Fernán Vello, Darío Xohan Cabana, Rábade Paredes e outros.   (gehiago…)  »  

Estibaus

Atalak

Maiatza 2024
A A A O O L I
« api    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

RSS

Azken iruzkinak

  • Elena Arrieta Yarza
    (2024, Apirilak 30)
    «Al leer la entrañable poesía de Antonio Dávila García mis recuerdos me llevan al caserío Kataliñene. Su propietaria, ...»
  • Berta T . D.
    (2024, Apirilak 30)
    «No es un capricho. Hace falta una solución ya. No hace falta contaros la cantidad de denuncias que hemos interpuesto. ...»
  • Miren Koruko Gonzàlez
    (2024, Apirilak 28)
    «Beharrezko iruditzen zait biztanleen bizi baldintzak 3 hobetzeko egiten diren eskabide eta ekintzak aurrera eramatea. Eskerrikasko hortan aritzen zeraten guztioi. ...»
  • Julián Martinez
    (2024, Apirilak 26)
    «En el barrio de oleta escalerillas,deberían en pensar muy seriamente en dar una solución para subir a Alza centro, »
  • Antonio Dávila García
    (2024, Apirilak 19)
    «Mis vecinas. Bajo el cielo, serpenteando remontando las colinas van volando e indagando, dos gentiles golondrinas. Pensaba yo,para mí, ¿porqué no hacen aquí, su casita tan sencilla de ...»

etiketak


Sarean