Andaina do Fato Cultural Galego Daniel Castelao

2016, Ekainak 21

primeiro-auto

Filipe Domínguez Avilés

AS ORIXES

Sendo aínda diácono, no ano 1975 chegara destiñado á parroquia da Nosa Señora da Asunzón de Pasaia don Xosé Novoa Prol, nado no ano 1951 en Almoite, concello de Baños de Molgas, Ourense. Chega a terra basca cos seus pais aos 7 anos e fora recalar a Eibar, xa que logo nesta muga entre Bizkaia e Gipuzkoa viñeran a encontrar traballo moitos ourensáns da bisbarra de Allariz-Maceda. A ninguén se lle pode escapar o axeitado destiño a unha parróquia con forte pegada galega, na que estaba destiñado primeiro como coaxutor de San Pedro Apóstolo con destiño na Asunzón don José María Zapirain Santos, e xa como párroco dende o ano 1971 no que se fixera a “erección a parroquia” da mesma.

Ao carecer de instalacións acaídas a parroquia do Povoado ordénase en xaneiro do 76 na parroquia do Carme de Trintxerpe xunto a don Félix Azurmendi, outro sacerdote de fondo recordo nesta banda da badía pasaitarra. A parte correspondente á ordenazón Félix fixéraa en euskera e Xosé en galego, para o que, non habendo textos na nosa fala tivera que o traducir.

O coaxutor desenvolve unha grandeira laboura pastoral, no que a cultura galega, de comezo, non vai quedar afastada. Xurdirá unha revista parroquial “Caminando Juntos” na que o galego vai a estar presente, traducirá o texto litúrxico para facer misas en galego, unhas misas celebradas moi cedo os domingos. Para elas contará coa axuda dun mozo do barrio, un tal Agostiño, que máis adiante machará a estudar fóra e do que non teño máis referencias de que fora do Povoado; e dunha persoa que vai ser indispensabele para a historia da nosa Asociazón dende o seu xurdimento hasta os nosos días, o cormelán aviciñado en Gaiztarro Manoel Irixoa Cousillas.

Así e pois, no desenrolo destas misas, volta a teima de facer unha asociazón galega, nun lugar onde viven, e inda mais, fan a súa vida tantos galegos.

Pepe fora sustituir polas vacacións ao sacerdote de Terranova, logo seguirá vencellado ao mar en dous bous, a máis desto a fonda laboura que lle pedira o grupo “Tiempo Libre del Poblado” que dera en por en marcha farán desaparecer as misas en galego. Máis a semente xa estaba agromando.

OS COMEZOS

Hai duas persoas que van ser fundamentais nestes comezos: Xosé Ramón Varela e Manoel Irixoa. Eles van ser mórmente quenes neste comezo busquen xente que poida estar interesada en formar parte da entidade, artellar-os papeis para legalizala, etc. Mais Manoel a maiores de ser alma máter do Fato, é memoria viva, e que memoria, da nosa Asociazón. A el debemoslle moita da informazón recolleita para este traballo e a el débelle o Fato como tal que non acabara perdido todo o arquivo; que sufrira un roubo e varios desastres por mor das pingueiras do Pazo Andonaegi.

Deste xeito é fundamental para recadar a informazón por dúas bandas: a testimuñal, e a que nos vai proporcioar o arquivo.

E de feito lembra que entre os primeiros para poñer a rular o Fato estiveran con el e máis Pepe Novoa (como xa dixemos Agostiño marchara estudar fóra) e Xosé Ramón Varela (fundamental nos comezos do Fato): Serafín Vidal, Mari Camen Álvarez, Alicia Pereira “Lita”, Alicia ¿?, Xesús Cousillas, Rodolfo Lamas, Mari Camen Álvarez Chans; e por suposto, non podía faltar Josetxo Domínguez nestes primeiros pasos.

Así é como un 17 de Xaneiro do 77 ás oito da serán a nosa Asociazón dase a coñecer cunha falencia baixo o título “Unha terra GALIZA un home CASTELAO” e baixo o nome de “Asociazón Cultural Saudade”. Mais adiante cambiarase o nome polo de hoxe pois considerouse menos folklorico e máis reivindicativo.

AS XUNTAS

Pola outra banda contamos co arquivo, moi magoado como xa dixemos. Eiquí temos un traballo inxente en recuperalo e i-lo preparando como fonte de documentazón. Nel contamos con tres follas dun “Libro de Actas” que deran en roubar e tiveran a “xentileza” de arrincalas do libro e deixalas.

Nestas encontramos os nomes das primeiras Xuntas tendo en conta que a data da asembreia é no 22 de abril do 1983 e nela anóvase a Xunta Direitiva. Como curiosidade está escrita en castelán, eu non coñezo facer ningunha xuntanza máis ca en galego. Nos últimos anos entrou xente que descoñece a fala, mesmo algunha reunión de traballo tense feito toda en euskera, pero as xuntanzas seguen a ser mormente en galego, falando en castelán, ou euskera no seu caso, os poucos que descoñecen a nosa fala.

Embora que non se nomea á xunta saínte, a leitura do texto non deixa dubida, que é, a mesma que solicita o 17 do San Xoán do 1981 a constitución da nosa entidade ao gobernador civil da provincia, xa co nome de “FATO CULTURAL GALEGO DANIEL CASTELAO” conseguindose quedara inscrita no rexistro provincial de asociazóns o 6 de santiago do mesmo ano; i esta formada da seguinte maneira: Presidente don Manoel Rodríguez Pazos, viceprecidente don Xosé Ramón García Mosqueira, secretária dona María Pérez Bretal, tesoureiro don Xosé Rodriguez Barros e coma vocais don Xosé Manoel Mera Ferreira e don Manoel Irixoa Cousillas.

A nova Xunta queda da seguinte maneira: Presidente don Xosé Estévez Rodríguez, Vicepresidente don Manoel Rodríguez Pazos, Secretario don Manoel Irixoa Cousillas, Tesoureiro don Xosé Rodríguez Barros, Vocal primeiro don Xosé Ramón García Mosqueira, Vocal segundo dona María Pérez Bretal, Vocal terceiro dona Elisa Rodríguez González e Vocal cuarto don Xesús Cousillas Monteavaro.

Nesta xunta vemos nomes que siguen vencellados ao Fato, como Manoel Irixoa e Xosé Estévez; e quen se nón sigue con nós é por razón de forza maior, estou a falar de Xosé Ramón García e Xesús Cousillas. A última renovazón da Xunta Direitiva é do ano 2009 inda que está formalizada con data do 1 de febreiro do 2010. Nela a Xunta sainte está formada por: Xosé Estévez, Manoel Irixoa, Xosé Ramón García e Xosé Rodríguez a maiores de Elisa e Ánxeles Rodríguez González xa daquela desvencelladas da nosa entidade.

A nova Xunta que é a vixente, queda como sigue: Presidente: don Filipe Domínguez Avilés, Segredária: dona Estíbaliz González Dios, Tesoureiro : don Xohan Mouriño Xestal, Vocal pimeiro: don Xosé Estévez Rodríguez e Vocal segundo: don Manoel Irixoa Cousillas.

Aínda e así a nosa Asociazón mormente sempre funcionou en asembreias abertas.

OS AUTOS

Na mentada xuntanza de abril do 83 no primeiro ponto fálase do “programa de trabajo para 1983″. Dispois de o discutir e mentar que xa está parcialmente feito decídese: artellar unha comparsa de entroido para participar no carnaval de Trintxerpe, participar nas Xornadas Culturais co concello de Pasaia organiza neste mes de abril coa aituazón dun grupo folclórico galego, Día das Letras Galegas, proxeizón de películas da área galego-luso-brasileira e o magosto.

Vemos que hai dúas aitividades que véñense desenrolando dende sempre: as Letras Galegas e o Magosto. Nesta última vanse insertando a homenaxe aos mariñeios mortos no mar, (dende sempre desenvolvida en San Pedro), a estornela (en San Xoán), nun anceio de irmonos facendo presentes en tódolos distritos pasaitarras.

Tamén dentro destas Xornadas recupéranse as misas en galego, facéndose unha no Carme polo Magosto e outra na Asunzón polas Letras Galegas. É de agradecer o esforzo dos párrocos para as manter despois do pasamento do amigo Manoel González, outro crego galego, tamén de Almoite, da diócese guipúscoan.

Dende xa hai uns anos a esta parte vense a maiores artellando en Oiartzun a homenaxe á nai de Manuel Murguía, dona Concha Murgía Egaña, na casa da cultura, na que nascera.

CON NOS I ENTRE NOS.

Nestes anos, a nosa entidade cultural foi achegando a Pasaia mormente unha grande catidade de persoeiros en eidos diversos. Alongaría en tres páxinas máis este traballo se espuxera a listaxe da que dispoño neste intre. De ser de interés podese facer por este mesmo medio en adiante. Pero si quero lembrar a Manoel María, non tanto por que neste ano se lle adican as Letras Galegas coma pola fonda relazón que mantivera connosco, fornecida pola súa amizade con Xosé Estévez, para min foi un compañeiro mais do Fato. I entre os bascos sulinar a dous de orixe galega; o altzatarra Manu Gómez polo traballo desenvolvido a prol da nosa cultura, e a sampedrodarra Rosa García-Orellán pola recuperazón da nosa memória.

REMATE

Así e pois, neste 2016, hai corenta anos que sementou un proxeito que veu en agromar un ano despois. Pola que teñen pasado persoeiros da nosa cultura e da basca recoñecidos no seu, e dos que algúns xa non están conosco. E que segue a ter coma daquela, dous ouxeitivos principias : Manter viva a cultura galega i espallala e achegar as culturas galega i euskaldun.

Etiketak: ,

2 iruzkin

  1. Joan Mari irigoien

    Felipe Domínguez:

    Eskerrik asko informazioagatik, zinez!

    Argazkietan jende ezaguna ikusi dut: Koldo, Iñigo eta Xosé Estévez. Besarkada estu bana hiruroi; zuri ere beste bat, Felipe.

    joan mari irigoien (idazlea)

  2. MARISA

    gustame muito leer articulas na lingua da miña nai, eu no conozco a vosa asociación pero de todas maneiras doi meu reconcimento a vosa labor. eu apredi o galego sa de maior po lo amor a terra dos meus antepasados por parte da miña nai Josefa da Casa da Pral de Ferreiros de Balboa no concello de Becerrea (Lugo).

Iruzkina idatzi

Estibaus

Atalak

Azaroa 2024
A A A O O L I
« urr    
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

RSS

Azken iruzkinak

  • Elena Arrieta Yarza
    (2024, Azaroak 20)
    «Además de una lectura agradable que nos acerca a la figura del Dr. Casares, puntualiza los datos ...»
  • MARISA AMESTOY
    (2024, Azaroak 8)
    «NO ME ACLARAS NADA NI TE POSICIONAS SOBRE NUESTRO EDIFICIO, SIGO DICIENDO LO MISMO. LAS ASOCIACIONES ESTÁIS EN EL NO ...»
  • Elena Arrieta Yarza
    (2024, Azaroak 3)
    «Escribo desde Herrera y aunque es verdad que cuando nos ponemos a hablar de Auditz Akular, nos puede desde hace ...»
  • MARISA AMESTOY
    (2024, Azaroak 2)
    «AQUÍ SE HABLA DE AUDITZ AKULAR YNUNCA SE MENCIONA EL PROBLEMA DE ROTETA AZPIKOA Y LA DEJADEZ DEL AYUNTAMIENTO DE ...»
  • Olaia H
    (2024, Urriak 25)
    «Belardiak beharrezkoak dira. Gainera zaindu behar dira eta zuhaitz gehiago landatu behar dira eta ez dorre gehiago. Udalak Altza ez ...»

etiketak


Sarean