Os irmáns Lobeira en Pasaia. Valeroso clan
Bieito Lobeira Domínguez
Foi un “Valeroso clan”, como proclama o himno nacional da Galiza. Viñan de Loira-Seixo, da comarca do Morrazo, Galiza, e traían con eles tradición de loita e mobilización mariñeira no seu país. Xente brava e reivindicativa, da que non achantaba. Xa na Galiza pelexando na defensa do seu tipo de arte de pesca tradicional e selectiva, o “xeito”, fronte á ameaza da traíña, importada polos “fomentadores” cataláns ligados á industria conserveira. Foi a “guerra da sardiña”, en que mulleres e homes de Loira e de toda Galiza non calaron nin claudicaron. Tamén na demanda da prohibición da pesca con dinamita, ou fronte a intentos de privatización do litoral. Viñan curtidos de loitas e sabían da necesidade da autoorganización política e sindical para propiciar calquera avance social. (gehiago…) »



