A eirexa de San Pedro na nebra do tempo. A nova

2024, Apirilak 24

img437

Filipe Dominghez

A parroquia aitual de San Pedro Apóstolo en Pasaia ven en facer este ano 250. Vemos que así e todo a história desta parroquia remóntase, alo menos máis de 560 anos atrás. E non somentes na crónica documentada, senon, como xa víramos na material.

Á hora de escreber este pequeño traballo, vou ter que botar man, entre outros, duns apuntamentos que teño de cando fixera un artigo para a revista Andui ala pol-o 1996 (xa que logo estoume a desfacer por falta de espazo de moita documentazón, así que espero que non teñan erros e os trasnos non fagan das súas).

A adaxe para edificar unha nova eirexa é que a situada no aitual cimeterio atópase nunha paraxe incómoda e outa, decidindo no ano 1723 o seu traslado á mariña, nun terreo no que os naturais do lugar poideran acudir aos oficios e funcións parroquiais con comodidade.

A empresa non foi doada; de feito en 42 anos, entre 1732 e 1774 chegou acadar hastra 5 proxeitos, a saber:

  1. 1732: do enxeñeiro militar Juán de Sobrevilla, que seica era un dos viciños.
  2. 1734: por mor de agrandá-lo edificio modifícase o anterior pol-o arquiteito azkoitiarra José de Lizardi e o enxeñeiro e comandante da praza donostiarra Crame.
  3. 1759: dun arquiteito descoñecido que non se dera levado adiante.
  4. 1759-1762: por Francisco de Ibero.
  5. 1763: Martín de Carrera, que é o que vai dar remate á parroquia. Porén, a morte aconteceulle o 31 de agosto do 1770, sucedendolle o seu fillo Manuel Martín.

Para febreiro do 1774, casi está rematado o traballo e ponse en coñecemento do bispo de Pamplona, e fillo do povo, don Agustín de Lezo, para que entre os días 29 e 30 de xuño e 1 de xullo fixera a solemnizazón e traslado da parroquia, ouseña, dentro da festividade do padrón.

Pero a maiores do patrimonio que temos á vista, que no caso do aitual tempro ten decrarazón de monumento (en ocasións para o que lle ten servido tamén) dende 1980, foronse amoreando documentos nos que atoparemos apelidos non somentes vascos ou máis recéntemente galegos ou portugueses, se non dunha morea de orixens: ingleses, franceses, alemans, belgas, italians, mexicans, gascóns (como non), apelidos vencellados a nosa história e toponimia; capitans, políticos, inteletuais. Curiosidades de prisioneiros rescatados por redenzón dos turcos, da intervenzón das tropas convencionais francesas ou das guerras carlistas.

A parroquia sanpedrotarra independisou das matrices donostiarras de Santa María e San Vicente no ano 1529, e o primeiro libro de bateos leva a data de 1541 e de 1565 o de casamentos; e dela as tambén pasaitarras da Nosa Sra do Carme no 1964, e da Nosa Sra da Asunzón no 1971, que, mira tí, a dia de hoxe volven té-lo mesmo párroco, si, a falla de vocación fixo que a día de hoxe Joseba veña sé-lo abade non soio destas , se non dun bóo feixe das de Altza.

E falando de Altza, tamén vennos faltar en toda esta história os probremas de desenvolvemento que viran en ter dúas entidades pequenas coma son Altza e San Pedro entre dúas vilas coma son Erentería e sobre todo Donosti. De feito no penoso convenio entre a crerecía de San Sebastián e os viciños de Pasaia do 20/III/1458 pódese leer: “Otrosí que sean tenidos los dichos del Pasaje así los que agora son como los de aquí en adelante serán, de ir a oir misa a las dichas iglesias de Santa María et San Vicente de la dicha villa o cualquier dellas el día de Navidad et las dos Pascuas de Resurrección et cinquesnia et Corpus Chisti et Santa María de agosto et Todos Santos et los otros días de las fiestas contenidos en el contrabto que es entre la dicha clerecía et vecinos de Alça sobre fecho de la iglesia de San Marçal, a saber es, marido o mujer de cada una casa, cesante justo impedimento, et que hayan de estar et están en las dichas iglesias de Santa María et San Vicente o cualquier dellas fasta tanto que la misa mayor de cada uno de los dichos días sea dicha, so pena de doce blancas viejas de castilla por cada vez a cada persona para dicha clerecía.”

Ou vermos cómo se viñan en ollar estes espazos humáns, sen deixarmos a eirexa, temos coma exempro os órganos; San Pedro mercara o seu Cavaille-Coll por 6000pts no 1869, e, case un ano mais tarde, un identico pol-o mesmo prezo, San Marcial.

Como vedes, pouco tenpo antes de entrarmos nun século que taería profundas mudanzas en tódo-los eidos.

En fin, ven sendo unha história, esta de fegresía da eirexa de San Pedro Apóstolo, que perde a súa orixe na névoa do tempo, pero que alumea, como non, moito do pasado, e da que inda estará por descobrir algún facho.

Etiketak: ,

Iruzkina idatzi

Estibaus

Atalak

Urria 2024
A A A O O L I
« ira    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

RSS

Azken iruzkinak

  • Adriana
    (2024, Martxoak 29)
    «Me gustaría poder aprender mejor a confeccionar prendas y sacar patrones. Para poder hacerme mi propia ropa. Tengo el ...»
  • Roberto López
    (2024, Martxoak 27)
    «Buenas, mi tío abuelo: Manuel López De los Santos, formo parte del Batallón internacional nº 26 Karl Liebknecht (PCE), falleciendo ...»
  • Pilar Egido eta Enrike Kortabitarte
    (2024, Martxoak 27)
    «Merezitako omenaldia. Gaztaroan zorte handia izan genuen zu gure lehenengo irakaslea izatean. Irakasle berria, baina gogoa eta sasoia ez zenituen sekula falta. Zu ...»
  • Ramón F. Gorosabel
    (2024, Martxoak 22)
    «Muy interesante la actividad Es edificante Gracias. »
  • Maira
    (2024, Martxoak 2)
    «Hola necesito contactarme con las señoras Verónica. Recién leo esto. Soy la novia del nieto de olivo. Su papá Carlos. ...»

etiketak


Sarean