As procesións na parroquia de San Pedro Apóstolo (I)

2020, Apirilak 9

1-img153

Filipe Domínguez Avilés

Achego e este medio unha das manifestacións culturais/relixiosas que despois do Concilio foran esvecendo. Refírome ás procesións. Que inda que nos últimos anos inda colleron algo de pulo, non son nin de lonxe a sombra do que foran. De feito nunha sociedade xa descristianizada, coma a de hoxe, pode chamar moito a atenzón a fervenza que atinguía a vida dunhas parroquias que non acadan a pegada doutras épocas. E por iso que mudou tanto a nosa sociedade, que o que hai cincoenta anos era adoitado e formaba parte dunha grande parte da povoazón, estea a perder as últimas testimuñas vivas daquela etapa.

Veño coas que tentei coñecer un pouco como foran, as da parroquia abdicada a San Pedro en Pasaia, que no seu tempo atinguiran unha grande sona na bisbarra. A maiores dou en pensar que, alomenos na contorna a vivenza relixiosa amosaríase semellante.

De feito en San Pedro apóstolo todo-los meses dentro da eirexa desenvolvíanse:

1-img137a1º domingo de mes, as Fillas de María coa imaxe da purísima.

2º domingo de mes, os rapaces da parroquia coa imaxe do Neno Xesús de Praga.

3º domingo de mes, o Apostolado da Orazón co Santísimo.

4º domingo de mes, Adourazón Nouturna. Dende as dez da noite do sábado hastra as seis da mañán do domingo. Alomenos ténseme manifesdtado do 45 en adiante;  e do mesmo xeito esta adourazón debía acontecer en San Xohán.

Desta maneira deixando o último domingo do mes o día artellabase:  Pol-a mañán misa.  O 1º e 2º ás oito as Fillas de María e os Luises respeitivamente, e o 3º o Apostolado da Orazón, este ás seis e media. Xa pol.as tardes de Advento a Páscoa ás 14H30 e dende Páscoa ás 15H00, as funcións tiñan o seguinte desenrolo1-img142:

  • Vísperas.
  • Rosario.
  • Semón.
  • Orazón á Virxe, Neno Xesús de Praga ou Santísimo según fose.
  • Procisón.

Estas procisións unha vez ao ano saían á rúa. O oito de decembro a Inmaculada coa imaxe chamada de “Murillo”, xa que logo dentro da irexa sacábase a chamada “beltza”. Fora nunha destas cando se levara no ano 1954 a Virxe da Torre, xa que inda había memoria de que nela houbera unha ermida de advocazón mariana. A cousela que acolle a imaxe proxeitaraa don Luis Tolosa, quen diseñara tamén a eirexa do Carmo en Trintxerpe.

img146

O Santísimo como non podía ser doutro xeito pol-o Corpus. En San Pedro no chan espallabanse fieitos, e tamén adoitabanse poñer altares mormente un na Torre e outro frente ao Frontón. A diferenza coas outras procisións extramuros esta facíase pol-a mañán. Téñase en conta, que daquela discurrían pol-as rúas vellas xa que non se fixeran os novos peiraos. Inda que esta do Corpus foi a que mais alongou no tempo (no ano 2004 houberaa, e no 2009 xa non eisistía). Inda e así, a día de hoxe as quinta-feiras acollen despois da misa de 19H30 a 20H00 a adourazón ao Santísimo, a non ser que haia funeral, seña festa ou houbera misa pol-a mañán. A maiores esta fora a que tamén mais se levou ao Carme. Tendo en conta que de aquela estamos a falar da mesma parroquia, o xoves do Corpus facíase en San Pedro e a “octava” ( a seguinte quinta-feira) en Trintxepe. E acadada esta última a “erección a parroquia” fixérase durante dous anos, neste puto recorro á memória de Josetxo Domínguez Larrañaga, que lembra como o segundo ano había un partido de pelota televisado, e ao paso da procisión escoitabanse os berros dos homes que estaban a escoitalo nos bares. Algo estaba a mudar, xa non había aquel “respeto”. Fora como fose, Don Jesús Zubillaga, nada mais rematar dixo que non se faria máis. E asi foi ata o de hoxe. Tamén recorro a Josetxo e mai-la súa compañeira Dona María García para saber donde se adoitaban poñe-los altares; Un enfrente do Bar Amistad nuns almacens da Casa Ciriza, outro atopábase na suba a igrexa, e o terceiro na rúa pescadería no chafrán que ben en facer a casa Arrizabalaga.

1-img138aCon todo deixo para o remate desta primeira xeira o correspondente ao segundo domingo. A do neno Xesús de Praga. Quizais porque poida amosar dun xeito vago os atrancos que vai engadindo o paso  do tempo á hora de ir entendendo as cousas.  De feito o informante principal que tivera D. Benedicto Arrizabalaga (1920) ao falarmos da do Santísimo salientárame que os dados que fornecía  eran de antes do 36.  Amais traballaramos cun libriño “¡AURTXO JESUS PRAGAKOA! JAIERA-LIBURUA” saído do prelo no ano 1915, e cantabame as cancións que viñan en aparescer no libro. Mais xa a falar con D. Agustín Osa Marín (1950), non soio dime que non lembra face-as procesións marítimas, senon que o seu libro xa é en castelán, inda que si conserva un canto daqueles en euskera escrito a man nunha folla. A maiores, ollando entre os meus apuntes, non atopo recompilado o día que discorría pol-a badía a procisón. Para elo vou votar man dun artigo de ARGIA do ano 1924 recolleito no libro “PASAIAKO EUSKAL KRONIKA ZAHARRAK” de Antxon Elortegi Bilbao. O artigo dun tal Jose Kruz Goikoetxea ven sendo da outra banda da ría, Donibane, e comenta como de Deun Pedro este domingo de pentecostés  ás catro e media da tarde sairá a “Pragako Aurtxoaren ibildeun ikusgarria” que como todolos anos “bateletan itxasaldera juango da”. Amais, engade, que tomará parte “LA CONSTANCIA ERESBATZAK” que non pode ser outra que a bicentenaría sanjuandarra. E remata esta parte da crónica decindo que Dionisio Inda ten pensado facer fotos, este tamen non pode ser outro que o lembrado debuxante sanpedrotarra. Logo pois non verá sendo estrano que se confundan estas procesión con outras pois parez ser que a comunidade de San Juan Evanxelista tamén daba en poñe-lo seu baguiño para a pipa do viño.

img125Nunha sociedade chamada da informazón, é curioso como se vai perdendo, alomenos se non en todos, si en moitos casos; a nosa memoria coleitiva mais recente, aquela que viviron os nosos avós. Parez ser que inda que acadáramos auceso a unha “educazón universal” e sentindonos formar parte dun povo, a memoria coleitiva amosa ter que ser algo interesado? Non se entende coma un todo? O camiño feito non é tan Real? Deixamos de sermos, esquecendo interesadamente parte do noso pasado ou todo?

***

Imaxes:

  • Bene Arrizabalaga portando a bandeira de San Lois Gonzaga (San Pedro Apóstolo-Pasaia)
  • Medalla Fillas de María
  • Medalla Fillas de María
  • Corpus. San Pedro Apóstolo-Pasaia
  • Medalla Neno Xesús de Praga
  • O Neno Xesús de Praga na súa peaña xa desaparescida

Imaxes de procesións nas parroquias de San Lois Gonzaga (Semana Santa, 1962) e San Marcial de Altza (Corpus, 1967).

aste-santua-1962-c100900corpus-altza-1967-l8396

Máis procesións na Colección Local de Altza

Etiketak: ,

Iruzkina idatzi

Estibaus

Atalak

Abendua 2024
A A A O O L I
« Aza    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

RSS

Azken iruzkinak

  • Carmen Perez
    (2024, Azaroak 29)
    «ZORIONAK POR LOS 50 AÑOS DE ASOCIACIONISMO »
  • Carmen Perez
    (2024, Azaroak 29)
    «ZORIONAK POR LOS 50 AÑOS »
  • Elena Arrieta Yarza
    (2024, Azaroak 20)
    «Además de una lectura agradable que nos acerca a la figura del Dr. Casares, puntualiza los datos ...»
  • MARISA AMESTOY
    (2024, Azaroak 8)
    «NO ME ACLARAS NADA NI TE POSICIONAS SOBRE NUESTRO EDIFICIO, SIGO DICIENDO LO MISMO. LAS ASOCIACIONES ESTÁIS EN EL NO ...»
  • Elena Arrieta Yarza
    (2024, Azaroak 3)
    «Escribo desde Herrera y aunque es verdad que cuando nos ponemos a hablar de Auditz Akular, nos puede desde hace ...»

etiketak


Sarean