As Procesions na parroquia de San Pedro Apóstolo (II)
Filipe Domínguez Avilés
A “Semana Santa” como non, tamén contaba coas súas procesións. A quinta e a sesta-feiras e o domingo de resurreuzón. Voume pousar un pouco mais amodiño no Xoves e Venres Santo, xa que logo, non teño espallado nada do que vira recollendo en ningures.
XOVES SANTO
Tendo en conta cas misas fascíanse pol-a mañán, cando daba rematada a última espúñase o Santísimo, e os membros do apóstolado da orazón turnabanse para que nunca quedara soio. Xa á tarde a funzón compoñíase de maitines, sermón e a procisón. Esta abriaa a cruz cos seus dous ciriais, portados por acólitos ( monaguillos) con sotaina roxa e roquete branco. De seguido as imaxes mais ou menos deste xeito: Xesús Nazareno, orazón no horto, San Xoán Evanxelista, a Madalena e a Doorosa. Agás esta última que era a do altar o resto estaban arrombadas no coro. Logo viña o sacerdote con capa pluvial morada e o povo.
Nesta procisión non se daban levados estandartes. Durante o tempo que duraban as funcións pol-a tarde unha “guardia pretoriana” (romans) custodiaba o Santísimo facendo turnos.
Rematadolos autos esta garda retirábase e seguía o apostolada da orazón. Bene Arrizabalaga daba lembrado que no ano 1945 levárase a procezón hasta Trintxerpe.
VENRES SANTO
Pol-a mañán cantábase a “pasión”, e despois tíñase un sermón. Dábase a comuñón, que quedara gardada, craro, exposta no Santísimo. A tarde tamén viña compreta: Maitines, sermón, desprendimento e procisión. A maiores, perante anos, o via-crucis fixérase rematada esta última.
A procesón coma sempre principiaba coa cruz e os seus dous ciriais, portados por acólitos con sotaina negra e roquete branco., e despois descorría axeitada a seguir por dous cadros en andas do Ecce Homo - prestados por unha familia do povo -, logo San Xoán Evanxelista, a Madalena, a Doorosa e o sepulcro custodiado por unha garda “pretoriana”, un pendón negro precedía o abade con capa pruvial preta, se dera en haber mais cregos estes levaban roquete mouro, e o povo.
Nestes tempos chama moito uns autos tan cumpridos, máxime cando a Semana Santa convirteuse hai tempo nas vacacións do inverno, e moitos coñecen as procisións por tomar parte nelas naqueles povos aos que van pasar uns días. Pero daquela non soiamente concorría unha morea de xente, se non que tiñan moita participazón. Nestas dúas mentadas anteriormente por exempro contaban con figurantes coma os apóstolos.
Inda temolo Domingo de resurreizón. Neste fascíase a procesión do encontro, chamada deste xeito xa que logo amosábase o encontro da nai co fillo resucitado. Discurría na praza a carón da eirexa, e viña sendo a mais curta no tempo, de feito que non acougaban as campás. Nesta procesión uns persoaxes sobranceiros eran San Miguel e mai-los seus anxos. Este arcanxo saía cun puñal ou espada levado de lado, nun momento dado facía un baile cun aceneo, e despois levaba a espada ca punta para arriba; o Venres Santo levavase o bico cara ao chan e no Corpus tamen o gume de lado.
Tamén teño noticia doutra que viña sendo a única en facer en día solto ou feirado (de traballo). A do Sagrado Corazón.
Procesións cunha morea de pequenos tedalles que amorean as informazóns, como que os homes que ían aos lados escomenzaban pol-os mais novos aos mais maiores. Ou que nas festas viña o concello en pleno e saían tra-los cregos, e logo ian vota-lo “lunch” do bar Ezkerra, que viña a estar na rúa Viúba de Passamán.
Ou como irían mudando ao traspaso do tempo.
Sí quedan moitas cousas, o cristo era articulado para face-lo desprendimento, quedan moitas cousas que se van na memoria dos nosos maiores, e que entidades como ALTZAKO HISTORIA MINTEGIA intentan recuperar do esquecemento, quedan moitas cousas na desmemoria neste mundo chamado da informazón.
***
- A Dolorosa
- Estandarte
- A estreitura da rúa
- O Corpus en Trintxerpe
- San Miguel
- Os Apóstoles
- O guión