Etiketaren izena: galego

A eirexa de San Pedro na nebra do tempo. A nova

2024, Apirilak 24

img437

Filipe Dominghez

A parroquia aitual de San Pedro Apóstolo en Pasaia ven en facer este ano 250. Vemos que así e todo a história desta parroquia remóntase, alo menos máis de 560 anos atrás. E non somentes na crónica documentada, senon, como xa víramos na material.

Á hora de escreber este pequeño traballo, vou ter que botar man, entre outros, duns apuntamentos que teño de cando fixera un artigo para a revista Andui ala pol-o 1996 (xa que logo estoume a desfacer por falta de espazo de moita documentazón, así que espero que non teñan erros e os trasnos non fagan das súas).

A adaxe para edificar unha nova eirexa é que a situada no aitual cimeterio atópase nunha paraxe incómoda e outa, decidindo no ano 1723 o seu traslado á mariña, nun terreo no que os naturais do lugar poideran acudir aos oficios e funcións parroquiais con comodidade.   (gehiago…)  »  

A igrexa de San Pedro na nebra do tempo. A vella

2024, Urtarrilak 23

c4026

Filipe Dominghez

Sobor da igrexa de San Pedro Apóstolo de Pasaia, os primeiros documentos ou pol-o menos dos que eu teño semellas, son os que amosa José Goñi Gaztambide no seu traballo “Fundación de la iglesia de San Pedro de Pasajes (1457-1458)”. Unha pequena e interesante pubricazón, no que glosa cinco documentos que van achegados. A saber:

1.- Carta de poder da clerecía de San Sebastián. 20 de narzo 1458.

2.- Carta de poder dos viciños de Pasaia. 31 de marzo 1457.

3.- Licencia eclesiástica para a costruzón da nova eirexa co seu cemitério e altares. 15 outubro 1457.

4.- Convenio entre a clerecía de Sn. Sn, e os viciños de Pasaia. 20 marzo do 1458.

5.- Autentificazón da copia en Tolosa…23 de xaneiro do 1530.

  (gehiago…)  »  

Os Exilios dun Mariñeiro de Carril

2021, Abenduak 4

ficheiro-de-calvo-cerqueiras-jose-aheeah-secc-delegaciones-subsecc-perpignan-y-oloron-ser-ficheros-gurs-l-fichero

Sergio Balchada Outeiral

José Calvo Cerqueiras é nado en Carril (Pontevedra) á beira da ría de Arousa. Mais, unha parte importante da súa vida transcorre en Euzkadi. E en concreto en Altza, onde chega para exercer a súa profesión de fogueiro nos bacalleiros da PYSBE (Pesquerías y Secaderos de Bacalao Españoles).

De feito en Pasaia entra en contacto có sindicato cenetista El Avance Marino no que ingresa como o afiliado 591, probablemente no ano 1934 (CDMH_PS_SAN_O_C0141_EXP0005_0035).

Comezada a guerra José Calvo consta na Fronte Popular de Altza en servizo de garda (CDMH. PS Bilbao. Caja 67 Nº 19), alomenos en agosto de 1936. Descoñecemos onde leva a cabo estes servizos, e se ademais, intégrase nalgunha das columnas de milicianos frontepopulistas que saen a enfrontarse ás forzas de requetés navarros que tratan de invadir Gipuzkoa.   (gehiago…)  »  

As Procesions na parroquia de San Pedro Apóstolo (II)

2020, Apirilak 10

Filipe Domínguez Avilés

a-doorosa

A “Semana Santa” como non, tamén contaba coas súas procesións. A quinta e a sesta-feiras e o domingo de resurreuzón. Voume pousar un pouco mais amodiño no Xoves e Venres Santo, xa que logo, non teño espallado nada do que vira recollendo en ningures.

XOVES SANTO

Tendo en conta cas misas fascíanse pol-a mañán, cando daba rematada a última espúñase o Santísimo, e os membros do apóstolado da orazón turnabanse para que nunca quedara soio. Xa á tarde a funzón compoñíase de maitines, sermón e a procisón. Esta abriaa a cruz cos seus dous ciriais, portados por acólitos ( monaguillos) con sotaina roxa e roquete branco. De seguido as imaxes mais ou menos deste xeito: Xesús Nazareno, orazón no horto, San Xoán Evanxelista, a Madalena e a Doorosa. Agás esta última que era a do altar o resto estaban arrombadas no coro. Logo viña o sacerdote con capa pluvial morada e o povo.   (gehiago…)  »  

As procesións na parroquia de San Pedro Apóstolo (I)

2020, Apirilak 9

1-img153

Filipe Domínguez Avilés

Achego e este medio unha das manifestacións culturais/relixiosas que despois do Concilio foran esvecendo. Refírome ás procesións. Que inda que nos últimos anos inda colleron algo de pulo, non son nin de lonxe a sombra do que foran. De feito nunha sociedade xa descristianizada, coma a de hoxe, pode chamar moito a atenzón a fervenza que atinguía a vida dunhas parroquias que non acadan a pegada doutras épocas. E por iso que mudou tanto a nosa sociedade, que o que hai cincoenta anos era adoitado e formaba parte dunha grande parte da povoazón, estea a perder as últimas testimuñas vivas daquela etapa.   (gehiago…)  »  

Antonio Sánchez Ferrol: Altza, 1936 - Gurs, 1939

2020, Otsailak 22

Sergio Balchada Outeiral

Antonio nace en A Pobra do Caramiñal (A Coruña) no 1910. Aínda cativo os seus pais deciden marchar da Galiza e instalarse en Plentzia (Bizkaia) (Prieto, 2009). Alí casa coa Maruritarra María Bilbao.  Moi probablemente convértese en veciño de Altza nos primeiros anos da década dos anos 30 do século pasado. Naqueles anos nos que é abondosa a demanda de homes do mar galegos para completar as tripulacións dos bacaladeiros da PYSBE (Pesquerías y Secaderos de Bacalao de España) da veciña vila de Pasaia. En Pasajes (coma se coñece na Galiza á vila guipuscoana) traballan e alternan cos seus paisanos nas tabernas; mais moitos deles gardan veciñanza nas poboacións ao seu rente coma Altza, Herrera ou mesmo Donostia. É o que o presidente de O Fato Castelao, Filipe Domínguez, distingue como Trintxerpe distrito e histórico (Cano, 2019).

Fotografia da ficha da marina auxiliar de Euzkadi de Antonio Sánchez Ferrol (http:www.marinavasca.eu)   (gehiago…)  »  

A fuxida do Arkale

2019, Otsailak 19

cdmh_ps_gijon_f_c069_exp013_001

Sergio Balchada Outeiral

Actividade febril no local do Sindicato de la Industria Pesquera de Cariño, vencellado á CNT. Xa pasan tres días dende que o golpe de estado contra a República ten acontecido. Fóra agardan catro camións cara os que desfilan unha grea de milicianos escasamente armados. Os camións parten con douscentos esquerdistas capitaneados polo dirixente cenetista José Suarez. Van camiño de Santa Marta de Ortigueira (Velasco, 2006).

Unha vez na vila reúnense có tenente da Garda Civil Máximo Lobo, comandante do posto local. Queren saber de que lado está o militar e cales son as súas intencións para atallar as posibles accións dos dereitistas da bisbarra. Segundo se desprende dos acontecementos o tenente debeu persuadir aos sindicalistas da súa lealdade ao goberno establecido. Quizais fose certo e foi a deriva dos sucesos en Ferrol e A Coruña convenceron a Lobo de virar as lealdades.   (gehiago…)  »  

Os Gudaris de Ribadavia

2018, Apirilak 5

Parque dos Xardinillos (Santi Miguez Amil (la voz de Galicia)

Parque dos Xardinillos

Luis Gulín Iglesias

Ribadavia é a capital da comarca ourensá do Ribeiro e un dos seus puntos de recreo é un parque chamado Os Xardinillos que está a escasos metros da zona monumental do Convento de Santo Domingo.

A idea dos Xardinillos en Ribadavia xurdiu na primavera de 1930 cando se eliminou o Salón Teatro, que proxectaba películas e ocupaba un gran espazo diante do Castelo medieval dos Sarmiento. Jesús Sánchez, o propietario do antigo espectáculo, presentou un proxecto de zona verde e recreativa que abarcaba a zona ao redor do Castelo pero non prosperou. A idea retomouseao finalizar a Guerra Civil pero na súa localización actual, sendo construídos os Xardinillos no ano 1940 por Gudarís, soldados vascos prisioneiros da guerra civil, acomodados daquela nunha escola da Fundación Martínez Vázquez (hoxe Museo Etnolóxico de Ribadavia).   (gehiago…)  »  

Galegos en Altza: República e Guerra Civil

2017, Uztailak 25

Sergio Balchada Outerial

Tripulación VendabalÁ altura de 1932 Altza contaba con 4.050 habitantes (Anuario, 1932). Entre éstes hai que suliñar a presenza dun importante colectivo de galegos emigrados á antedita vila na procura dun porvir mellor ao que podían aspirar na súa terra.

A importante emigración galega que comeza a espallarse polas vilas costeiras gipuzkoarras debe a súa razón de ser ao nacemento en 1926 na vila aledaña de Pasaia da PYSBE (Pesquerías y Secaderos de Bacalao de España). Trátase principalmente de mariñeiros atraídos pola propia empresa para cobrer as prazas vacantes nos bacaladeiros, prazas que os pescadores locais non conseguen copar polo que é preciso acoller man de obra foránea traballadora e especializada nas artes da captura do bacallau. As rías galegas resultan ser un excelente caladoiro. (Orejas, 1995)   (gehiago…)  »  

17 de xaneiro

2017, Urtarrilak 17

Ofrenda froral a Manoel Gonzalez no ano 2008.

Ofrenda froral a Manoel Gonzalez no ano 2008.

Filipe Domínguez Avilés

Aínda me parez estar a velas pousadas enriba dunhas das bolsas do lixo amoreadas na porta da casa parroquial. Coma se aparesceran por casualidade no derradeiro intre. Era un texto en galego, o dunha misa, e decidira gardar un.

Non era coñecedor, ou pol-o menos a mín asi mo perece, de que estaba a salvare de perder unha folla na historia da nosa comunidade galega. Da que eu dou en chamar o Trintxerpe histórico, para diferenciar do distrito aitual do concello de Pasaia. Ese Trintxerpe aberto no que fascían a súa vida mariñeiros galegos inda embora a súa casa estivera en Orereta, Altza, ou na mesma capital donostiarra.

As misas, déranse en facer na Parroquia da Nosa Sra da Asunzón do Povoado de Pescadores de Pasai San Pedro, ala pol-o ano 1976. Donde Xosé Novoa viñera destiñado no ano 1975.

Moitos pensarán, mais aínda hoxe, nunha sociedade moi afastada da ideia de Deus, que non teñen interese. Eu penso pol-a miña contra:   (gehiago…)  »  

Estibaus

Atalak

Urria 2024
A A A O O L I
« ira    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

RSS

Azken iruzkinak

  • Adriana
    (2024, Martxoak 29)
    «Me gustaría poder aprender mejor a confeccionar prendas y sacar patrones. Para poder hacerme mi propia ropa. Tengo el ...»
  • Roberto López
    (2024, Martxoak 27)
    «Buenas, mi tío abuelo: Manuel López De los Santos, formo parte del Batallón internacional nº 26 Karl Liebknecht (PCE), falleciendo ...»
  • Pilar Egido eta Enrike Kortabitarte
    (2024, Martxoak 27)
    «Merezitako omenaldia. Gaztaroan zorte handia izan genuen zu gure lehenengo irakaslea izatean. Irakasle berria, baina gogoa eta sasoia ez zenituen sekula falta. Zu ...»
  • Ramón F. Gorosabel
    (2024, Martxoak 22)
    «Muy interesante la actividad Es edificante Gracias. »
  • Maira
    (2024, Martxoak 2)
    «Hola necesito contactarme con las señoras Verónica. Recién leo esto. Soy la novia del nieto de olivo. Su papá Carlos. ...»

etiketak


Sarean